martes, 11 de noviembre de 2014

O vínculo como instinto: "O bebé enraízase e a nai namórase"


 Os primeiros momentos do bebé e, en consecuencia, a  atención e coidado do vínculo afectivo na súa impronta, é dicir, como instinto, é unha situación "conquistada", tecnolóxicamente falando, pola nosa sociedade.    

     Aclaro que son consciente da importancia da construcción  do vínculo e, polo tanto, da importancia que ten  a aprendizaxe no seu desenvolvemento.  Pero hai unha base filoxenética vital que se entronca ca natureza do ser humano como mamífero. Esta parte instintiva é a que resulta invadida por un cento de "prioridades"  determinadas polos protocolos médicos establecidos en base a evitar responsabilidades, incluso as propias dos pais e nais que son, ou deberan ser, os guías da súa experiencia. 

         Cóntovos;

     Os momentos de desencadenamento do vínculo nai-bebé son de carácter fisiolóxico. Trátase da acción da oxitocina a cal vaise preparando durante o embarazo para o seu momento estelar:  o parto. Cada muller leva o embarazo como os compromisos profesionais lle permiten, evidentemente. É de resaltar o ben que cada unha delas se vai organizando xa que,  en medio do día a día, de responsabilidades, horarios e compromisos,  hai mulleres que viven  unha conexión  real  co novo Ser que cambiará para sempre a súa  vida.

     Permitídeme unha parada importante para facer alusión  aos pais, que fan posible esas primeiras comunicacións dándolles  apoio  tanto a nivel práctico como a nivel emocional  e, que ademáis, poden establecer a súa propia  relación a través de experiencias hápticas,  por exemplo.






E “ale-hop”, chega o momento do parto onde, si se fai unha intervención medicalizada,  (cousa que ocorre nunha alta % de casos) a oxitocina, protagonista  principal do proceso, non se activa e, polo tanto, paralízase  o inicio fisiolóxico  do  vínculo como instinto. O efecto da oxitocina introducida externamente leva á muller a abandoarse  emocionalmente  como parte activa e comprometida e, a  única forma  de anular este feito é coa consciencia e a vontade da nai, e por suposto, a consciencia e coidado do pai.

    


Bueno, chega  un segundo momento,  acoller ao bebé co tacto, acollelo corporalmente, globalmente,  na sensación de pel con pel. É moi probable que no hospital elexido teñan un protocolo de actuación para o bebé que impida este momento ata pasado o tempo de medilo, pesalo, lavalo e etiquetalo (podía facer un comentario irónico en cada un destes  pasos pero vos  deixo  espazo).


     


A natureza é sabia e aínda temos un tercer momento, se lle permitimos ao bebé sentir os seus primeiros momentos de vida na terra sobre o cálido e amoroso ventre desa nai  que acaba de “dar a luz” e que  se sinte  grande, preciosa  e… en paz,  podemos disfrutar dos seus primeiros movementos instintivos (de novo ese grande misterio do instinto) de búsqueda do peito . No tempo que vai acomodándose,  hai un segundo, un instante máxico, no que o bebé se para coa mirada na mirada da sua nai. Fundidos nun solo Ser. 


Se temos a sorte de experimentar  esta vivencia,  si podemos estar atentos en medio de ese silencio que envolve os feitos importantes, poderemos  percibir que o bebé, interiormente, se enraiza . 
É unha pequeniña raíz tenra e branca pero sabia e segura que  se afianza  en beneficio de todas as seguintes que virán.


Foto extraída de proyectomaterna.es




O bebé enraízase e a nai namórase.
 “Para sempre xamais”, como nas películas.


       






E, por si é pouco, queda unha oportunidade máis,  a da lactación e as primeiras conversas (proto-comunicacións) que van compoñendo rítmicamente a música de fondo dos diálogos e das relacións.


       Todo forma parte do comenzo…do vínculo.

Que perigoso debe ser para que a sociedade na que vivimos, moderna, evolucionada e civilizada, estea a sabotealo incluso antes de que apareza.


M. Nieves López


Para saber máis:



No hay comentarios:

Publicar un comentario